Novas

Fotos: Carlos Amil Fotos: Carlos Amil

Chuches Amil somos finalistas dos Premios Martín Códax da Música!!!

Os Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas ao Vivo, veñen de propoñernos como finalistas na categoría de Música Infantil.

Con ese motivo, fumos ata Cambados, ás Bodegas Martín Códax, onde tivo lugar un emotivo reencontro de músic@s e a sensación de que imos rebentar a anormalidade para volver recuperar os folgos, o sorriso e a dedicación á música, para compartir esta esperanza no porvir, porque o porvir é meu, é teu, é seu, é de tod@s. Neste encontro déronnos a cadanseu artista finalista un recoñecemento, unha botelliña de Martín Códax co selo de finalista na correspondente categoría dos premios musicais.

Chuches Amil está entre @s finalistas na categoría de Música Infantil, que compartimos con artistazos da categoría de Paco Nogueiras, e Brais das Hortas e Peter Punk.

Ollade que guap@s estamos nas fotos. Aquí comparto espazo con outro dos finalistas, Brais das Hortas.

E nesta foto, dúas grandes: MJ Pérez, colaboradora no disco de Fran Amil “A voz do vento”, e Laura Romero, música e ilustradora, quen fixo unha extraordinaria ilustración da nosa canción O monstro Orquestra.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto