Novas

Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

Chuches Amil volve aos escenarios!!!

Agora que xa albiscamos a fin da Era da Pandemia Confinante, que nos atopamos na alborada do Verán da Respirada Non Asistida no que, se todo vai ben e respectamos as medidas de seguridade, xa poderemos respirar ceibemente nas rúas e nos exteriores, Chuches Amil retorna aos escenarios e ao encontro co seu público máis fiel: a rapazada.

Temos que dar as grazas ás entidades e colexios que son quen de fornecer actividades necesarias para retomar o pulo da vida e achegarmos a iso que se chama Normalidade. Quen nos ía dicir que sería normal falar da normalidade!!!

Nunca na historia a normalidade foi unha arela tan aclamada nin tanta morriña xerou na humanidade. E claro, se recuperamos a normalidade, o normal é que volva Chuches Amil a enchernos de ledicia e ritmo, para facer deste verán un verán festeiro e musical.

Apuntade estas datas: o 22 de xuño visitamos o CEIP Unión Mugardesa para poñer a vila de Mugardos (A Coruña) do revés coa nosa música.

10 de xullo estamos nunha festa privada ao aire libre en Arteixo (A Coruña), con moitos nen@s convidad@s.

28 de xullo xiramos por Cariño (A Coruña), ao Centro PAI (Punto de Atención á Infancia).

En setembro temos dúas datas, 17 en Touro (A Coruña) e 30 en Camariñas (A Coruña).

Agardamos que sexa o preludio das moitas novidades que temos preparadas para o curso que vén, onde non deixaremos unha escola sen música e contos de Chuches Amil.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto