Novas

Concerto Fran Amil – BPM e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, Santa Cruz, Oleiros (A Coruña) 14/03/2025 (388)

Chuches Amil na BPM e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro”, en Santa Cruz, o 14 de marzo, ás 10:30.

O venres, 14 de marzo, Fran Amil actuará na Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro”, no edificio As Torres, en Santa Cruz (Oleiros). Será ás 10:30 e para o alumnado de 4º de Educación Primaria do CEIP Luis Seoane. Este concerto vén propiciado polas cinco tempadas en que Chuches Amil participou na Hora do Conto que organiza o concello de Oleiros e que tan boa aceptación de público ten, ano tras ano, como ben poidemos comprobar con cheos absolutos nas nosas intervencións.

Este do día 14 de marzo, será o primeiro dos concertos do Décimo Aniversario de Chuches Amil previstos para este ano 2025. Porque sí, colegas, Chuches Amil xa levamos 10 anos facendo festa a esgalla por Galicia adiante. Comezamos alá polo ano 2015 coa aparición do noso primeiro traballo “Un conto ao revés”, que a Editorial Galaxia incluíu na súa colección Sonarbore, na que podedes atopar a moitos dos grandes proxectos musicais deste século. E no ano 2018 aparecería o noso segundo traballo, “Monstros. Con ou sen consentimento”, tamén da colección Sonarbore.

E aquí che andamos, meu. Aquí che andamos, miña. Repartindo cousas lindas en cada contacontos, concerto ou performance na que fumos e somos chamados. Porque si, porque nos presta. Porque non hai nada máis fermoso que cantar e tocar. E se por riba o facemos na vosa compaña, pois mellor que mellor.

E como cuprimos 10 anos enriba dos palcos, temos preparadas un montón de sorpresas, agasallos, colaboracións, novidades… E todo arranca este 14 de marzo, en Santa Cruz, nun concerto marabilloso no que o noso vibrante Fran Amil despregará un repertorio único e especial para loar este décimo aniversario. Un repertorio bailable, no que as cancións máis “discotequeiras” de Chuches Amil asumen o papel principal. Haberá menos rock desta volta. Teremos menos Pop. Reservaremos o swing. Pero imos poñer a música de baile a todo trapo, para que non quede ninguén sen mover o corpo á ritmo dos grandes hits de Chuches Amil.

E ide preparando os vosos corpos, porque estamos a argallar novas aparicións estelares para os meses do verán e do outono, con algunha cousiña para a primavera. E xa postos, non imos quedar na casa no inverno, va que non?

Pois eso, atentas que imos pasalo moi ben.

Chuches Amil, música con vida; música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto