Novas

Contra a Violencia de Xénero

Chuches Amil quere un mundo ceibe de Violencia de Xénero. Chuches Amil quere a todos e todas iguais, ceibes, independentes, solidari@s.

Por iso, nun día coma hoxe, queremos recuperar o video Non violencia, videoclip musical realizado por Manu Viqueira con todo o alumnado e a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro. O proxecto NonViolencia é unha iniciativa do anpa Aturuxo que arrancou no curso 2018-2019. A letra da canción foi composta polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, asesorados pola escritora Dores Tembrás. A música é de Fernando Esclusa, en colaboración con nenos e nenas de educación Primaria. E Chuches Amil foi un dos cantantes convidados a participar de tan marabillosa iniciativa.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto