Novas

Fotos: Nacho Romero Fotos: Nacho Romero

Crónica Chuches Amil en Meicende

Dentro do programa”Marzo en verso 2019” para celebrar o mes da poesía no concello de Arteixo, tivo lugar a estelar actuación de Fran Amil cos “monstros acústicos” o día 1 de marzo, ás 20:00 no auditorio de Meicende.

Ao berro de Meicende prende!, Fran Amil arrancou con “Pequerrecho, melenudo”, un dos grandes éxitos do disco libro Un conto ao revés, a primeira entrega de Chuches Amil. Un animal extraordinario e fabuloso, mestura de tódolos animais que no mundo hai, preséntase ao mundo nun tema de ritmo reggae contaxioso. Fran estaba acompañado nesta ocasión polo saxofonista Gueorgui Oganesian.

As advertencias previas dalgunhas voces que aseguraban que Meicende era unha praza difícil e con pouca participación semellaban ser certas, pois a asistencia non era moi numerosa, pero axiña ficaron esquecidas porque o público infantil saíu a bailar cos primeiros compases. E non podía ser doutro xeito porque este reggae contaxioso fai que os pés boten a bailar queiras que non.

Somos colegas, tamen do primeiro disco, confirmou que xs rapacxs tiñan ganas de mover o esquelete de principio a final. Un canto á amizade en clave de rock and roll, que axiña cumpríu pois unha das nenas asistentes, de cinco ou seis anos, aproveitou o tema para presentar en sociedade ao seu noivo, con quen bailou toda a noite. Ao tempo que espontaneamente Fran cantaruxou “Somos novios”, Gueorgui Oganesian ofreceu o retrouso do popular bolero. Un momento máxico.

“Son un lobo bo” abríu a xeira adicada a “Monstros. Con ou sen consentimento”, o segundo disco de Chuches Amil. Unha confesión murmurada en forma de balada delicada, puntuada por un saxo e unha trompeta sublimes, advirtiu aos pais e nais que tamén eles terían ocasión de engancharse á música dun proxecto axeitado para toda a familia.

O porvir é meu, unha realidade feita canción no que poucas veces o futuro tivo un ritmo tan desexado, e Noite de Samaín, unha sorpresa en clave de rumba, dispararon a ledicia e o contaxio festeiro. Meicende prende deixou de ser un lema para ser unha realidade.

“No canedo”, de volta ao primeiro disco e un lugar para recoñecerse na infancia, “Este robot é unha máquina”, un robot construído a ritmo de rock de barrio que volvía, xa ata o remate, ao segundo disco de Chuches Amil, e sobre todo “Ñam Ñam”, un clásico instantáneo e famento, levaron axs nenxs a gastar sola dos zapatos.

O monstro-orquestra trasmuta a Chuches Amil en bigband para ofrecer unha extraordinaria sesión coa que aprendemos a distinguir de xeito divertido os diferentes instrumentos da orquestra. E tamén toca a fibra rítmica dos asistentes e practicamente toda a intervención é seguida e acompañada de palmas e bailes coreografiados espontaneamente. A nostalxia polo nadal apodérase do auditorio coa panxoliña rock “Merry christmas, peludos”.

O apoteósico peche corresponde a “Con ou sen consentimento”, un contundente himno de autoafirmación a ritmo de funky popero que reivindica a ledicia de vivir.

Pero aínda teriamos outro anaco de subidón co bis de “Ñam Ñam” e xs cativxs subindo ao escenario a bailar con Fran Amil e Gueorgui Oganesian.

Chuches Amil, pop contaxioso e capaz de chegar ao tempo a pais e nais e fillxs. A familia que baila unida goza máis da vida.

Meicende, un bo lugar para unha boa festa e para engaioladores versos.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto