Novas

Fotos: Carlos Amil Fotos: Carlos Amil

Crónica de Chuches Amil en Cambre (A Coruña)

O 15 de setembro de 2021, na Biblioteca Central de Cambre (A Coruña), tivo lugar un festeiro encontro de Chuches Amil c@s seus siareir@s, grazas ao programa Ler Conta Moito.

Cambre é onde máis predicamento ten Chuches Amil, se temos en conta que nos últimos cinco anos visitamos catro veces diferentes espazos do concello coruñés.

O público deste encontro estaba formado en gran medida por nen@s de dous a seis anos, acompañad@s de pais e nais, e avós e avoas.

A primeira impresión que temos sempre ao ver a@s cativiñ@s é a de que o acto non vai durar alén de dez minutos, antes de que boten a choromicar, ou que simplemente outros enredos @s ocupen.

E a marabillosa sorpresa sempre é que un espectáculo cun tempo estimado de trinta minutos de duración que se estende aos coarenta minutos reais, podería seguir dez ou quince minutos máis c@s nen@s bailando, cantando e palmexando sen descanso.

Unha sensación de ledicia e festa que papás e mamás agradecen, porque nada hai máis agradable que ver ás crianzas divertirse despreocupad@s.

E é que cando soa a música de Chuches Amil o mundo tínguese dunha cor multicor, que aleda os corazóns e estimula a sensación de felicidade da rapazada, xa de seu estimulada.

Sede felices e bailade sobre a punta do pé para estar máis preto do ceo. O porvir é voso.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto