Novas

Fotos: Carlos Amil Fotos: Carlos Amil

Crónica de Chuches Amil en Riós (Ourense)

O 3 de agosto de 2021 estreamos en Riós (Ourense) o noso novo espectáculo “Os contos de Chuches Amil”, que mestura adiviñas, contos e música. Un 3×1 festeiro, cheo de xogos e cancións para facer participar á cativada nun acto lúdico, cantareiro e didáctico a un tempo.

O clima sumouse á festa e permitiu xuntar á rapazada na praza diante do concello, sentadiña na lisa lousa acolledora que empedra e embelece a praza.

O alcalde, Francisco Armando Veiga Romero, recibíunos coa nova de que a meirande parte d@s nen@s estaban de cuarentena polo contacto cun positivo de Covid, e que mesmo contemplaron a suspensión do acto. Afortunadamente, decidiron que a máis pequecha, ceibe do contacto co positivo, tiña dereito a pasalo ben. Foi un acerto total, pois ao remate da actuación achegouse unha veciña emocionada e agradecida por, segundo as súas palabras, “volver a ver a normalidade no noso pobo, c@s picariñ@s nun acto ao aire libre”.

Nós damos as grazas, tamén emocionados e agradecidos, a tod@s @s que organizan actos culturais, sociais e deportivos, que axudan a que as novas xeracións non perdan o contacto cos espectáculos, a cultura e as xuntanzas de todo tipo, que permeten medrar no coñecemento e na interacción co mundo e coa xente que nos arrodea. E por riba, pasándoo ben.

Como o pasou a rapazada que aprendeu adiviñas, contos e cancións de Chuches Amil na praza diante do concello de Riós. Cantos e contos, que boa dieta para a saúde mental das nosas crianzas. O porvir é seu.

Podedes botar unha ollada ao blog de Ler conta moito

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto