Novas

Foto: Carlos Amil Foto: Carlos Amil

Da serie "O que dixeron de nós" (1ª)

Hoxe damos comezo a unha nova sección que podemos chamar “O que dixeron de nós”, na que semanalmente iremos ceibando frases que escribiron sobre nós nos distintos medios ou redes.

Aportamos referencia de cada artigo, para que vexades que nada non inventamos e que todo son frases e opinións de quen firma o artigo referenciado. Diredes que non temos avoa, pero alguén terá que recoller toda esa información e transmitila axeitadamente.

Agradecemos infinito todas esas achegas ao noso mundo musical, porque como xa sabedes cada día resulta máis difícil que os medios falen de aqueles que non teñen detrás unha maquinaria de promoción (sexan casas discográficas, sexan promotoras culturais ou de entretemento).

A boa nova é que, nestas alturas, temos referencias para acompañármonos durante un ano e dúas semanas. Quen sabe, poida que durante o tempo da publicación deste”O que dixeron de nós” as referencias medren e poidamos seguir xuntos algunhas semanas ou meses máis. Sexa como sexa, estamos certos do apoio constante que vós, siareir@s, nos dispensades, e iso énchenos de orgullo. Sabemos que mentres esteades aí, o noso traballo paga a pena.

Imos comezar coa páxina musicaengalego e as súas palabras sobre o noso primeiro disco-libro “Un conto ao revés”, publicado pola Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore. Isto dicían: “Un exercicio de fantasía que Chuches Amil converte tamén nunhas cancións onde as boas melodías e o rock teñen a súa parte de protagonismo.” Unha perfecta definición do que achega o noso primeiro disco: melodías e rock a eito.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto