Novas

Imaxe: César Seijas Imaxe: César Seijas

Deixamos vencello co novo teaser de “Aleluya” de Fran Amil!!!

Fran Amil achéganos este extraordinario adianto de “Popsía Vol. I”, que inclúe tres cancións: “Aleluya”, baseado nun poema de Ramón María del Valle Inclán, “Rosa das Rosas”, partindo dunha cantiga de Alfonso X El Sabio, e “Candeloria”, sobre un poema de Luis Amado Carballo.

Lembrade que as tres cancións forman parte do vindeiro disco de Fran Amil, “Popsía Vol. I”, gravado a finais de xaneiro e principios de febreiro de 2020 nos Estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero aos mandos técnicos.

A música e as adaptacións literarias dos poemas son de Carlos Amil e Fran Amil en ámbolos eidos. A cargo de Carlos vai tamén a produción musical.

Fran Amil ocúpase da voz, batería, percusións, programacións e coros. Un home orquestra, un talento desmesurado, un músico agraciado pola melodía contaxiosa e tarareable.

Deixamos constancia aquí dun plantel de músicos inigualabeis, cos que Fran tivo a honra e o privilexio de armar un disco de escándalo:

Antón Torroncho: Baixo eléctrico.
Paco Cerdeira: Guitarra eléctrica.
Ricardo Casás: Saxo tenor, saxo alto.
Manu Payno: Trompeta (En “Aleluya” e “Rosa das rosas”).
Álex Salgueiro: teclados (En “Aleluya”).
Francisco Rosa: Tres cubano (En “Rosa das rosas”).
Arturo Vaquero: Percusións (En “Aleluya”).
Ángeles Dorrio e Carmen Rey: coros(En “Aleluya” e “Rosa das rosas”).
Carlos Amil: recitado(En “Aleluya”).

O deseño da portada e contraportada, así como a ilustración, é de Brais Fierro a partir dunha idea de Carlos Amil.

Axiña dispoñible para venda en www.chuchesamil.com, esta túa páxina favorita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto