Espectáculos de Chuches Amil inscritos na Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2025
Como vén sendo usual nos últimos anos, Chuches Amil estamos inscritos na programación cultural da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Neste 2025 temos dúas propostas cheas de enerxía, diversión e música a esgalla: “Chuches Amil eléctrico” que consiste nun concerto de 50 minutos aproximadamente, con Fran Amil cantando e tocando a guitarrra, dinamizando a participación interactiva co público e amplificado cun equipo de 1000W. Potencia abondo para sonorizar recintos pequenos e mesmo para concertos ao aire libre (prazas ou parques públicos). E tamén temos “Chuches Amil dúo” con Fran Amil cantando, tocando a guitarra e percusión eléctrica; acompañado pola habelencia de Moncho do Orzán co acordeón. Este formato dúo é o que inauguramos no ano 2023 e que tantos concertos nos brindou durante aquel ano e no ano 2024. Así que esperamos recuncar neste 2025.
Para facilitarvos a búsqueda, estes son os códigos dos nosos espectáculos
836/14 MUSICOS AO VIVO,S.COOP.GALEGA – -
PMR/13 Chuches Amil – Chuches Amil dúo – 2025000003497 –
PMR/14 Chuches Amil – Chuches Amil Eléctrico – 2025000003499 –
Cómo funciona Chuches Amil. Pois xa o sabedes todas e todos o sque nos acompañáchedes nos nosos concertos, contacontos, obradoiros, etc. Diversión a esgalla, tirada dos éxitos dos nosos dous discos: “Un conto ao revés” (2015) e “Monstros. Con ou sen consentimento” (2028), editados ambos para a colección infantil Sonarbore, da Editorial Galaxia e cuio volume de vendas foi un éxito rotundo, ata o punto de esgotarse a edición de ambos libros-cd. A nós ainda nos quedan uns pouos exemplares de “Un conto ao revés” por se queredes levalo a casa. O outro non hai xeito de adquirilo. Pero xa vos contaremos novas, en meses vindeiros. Estamos a preparar cousas moi fermosas para este ano, xa que celebramos o noso décimo aniversario. E eso vai reflectirse nos especiais concertos que estamos a argallar para este ano. Así que, programadoras e programadores, chamádenos e faremos unha festa en consonancia.
E lembrade que Chuches Amil son as únicas chuches que non producen caries.
Saúde e música, amigas e amigos. Vémonos nas festas.