Novas

Espectáculos de Chuches Amil para a Rede Cultural da Deputación da Coruña, para o ano 2026.

Un ano máis, Chuches Amil presenta varios espectáculos para a Rede Cultural da Deputación da Coruña. Unha rede que está a nos levar por diversos concellos da provincia da Coruña dende hai varios anos, posibilitando chegar a poboacións marabillosas ás que doutro xeito non chegariamos.

Resulta moi fermoso que dende eses concellos confíen en Chuches Amil para levar un soplo de aire fresco ás familias que os habitan. Porque Chuches Amil xa forma parte desas comunidades. E agora, neste 2026, esperamos avanzar cara novos desafíos e chegar a novos públicos. Temos varios espectáculos preparados, con novidades a través dunha traxectoria de once anos levando ritmo, ledicia e lecer de calidade polas catro provincias galegas.

Centrados na provincia da Coruña e a Rede Cultural da Deputación da Coruña, temos preparadas sorpresas marabillosas para o públics máis exixentes: a cativada!

Estes son os códigos cos que aparecen no apartado Música a escena:

PMR/51 Chuches Amil Somos Colegas PMR/52 Chuches Amil dúo PMR/53 Chuches Amil Eléctrico

Entrade na web da Deputación da Coruña e contratade algún destes tres eventos. Veredes que teñen uns cachés moi axustados, porque a calidade non está reñida co prezo. Chamádenos, consultade disponibilidade de datas e programade as nosas músicas. Xa sabedes o retrouso: Chuches Amil, música infinita!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto