Novas

Estréase un musical con cancións e textos dos libros de Chuches Amil!!!

Venres 27 de maio de 2022, ás 20:30, no Café Cultural Melandrainas, na rúa Nicaragua, 4B, en Arteixo (A Coruña), o grupo de teatro Es3ha2, da factoría Melandrainas, pon en escena a obra “Suitjar e o soño perdido”, obra teatral de Queta Soto dirixida por Antía Fernández, e con Nacho Varela nos arranxos musicais.

Chuches Amil estamos encantados con esta iniciativa. O impacto da nosa música acada cotas imprevisibeis grazas a esta fabulosa adaptación teatralizada das nosas cancións. As imparabeis Queta Soto e Marga Fernández atoparon inspiración dende a primeira escoita das nosas cancións, e axiña propuxeron armar un musical divertido e moi imaxinativo.

A nosa gratitude e admiración por atreverse a coller un repertorio fabuloso pero aínda non moi coñecido a nivel popular, agás polos nos@s infatigabeis admirador@s.

A colleita de cancións está ben representada por “O porvir é meu”, “Ñam-Ñam”, “Este robot é unha máquina”, “Son un lobo bo” e “Noite de Samaín”. Unha das sorpresas é que as cancións están cantadas polos propios actores e actrices da función. É unha marabilla escoitar as nosas cancións en versións tan sentidas e espontáneas como a d@s adolescentes nesta volta, ben guiados por Nacho Varela nos arranxos musicais.

Na foto, Fran pousa co elenco. De esquerda a dereita, de pé, Verónica, Darío, Aldara, Nerea, Fran, Luis Enrique e Sara. Sentad@s, de esquerda a dereita, Lucía, Saleta, Illa e Noa.

Só nos queda recomendar o seu visionado e apoio a esta marabillosa iniciativa, tale como nos propón a súa directora Antía Fernández. Medre o teatro!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto