Novas

Foto: César Seijas Foto: César Seijas

Fran Amil gravando “Popsía Vol. I”!!!

No estudio Abrigueiro de Friol (Lugo), Fran Amil está sementando o seu vindeiro disco. E promete moitas sorpresas.

Cos músicos habituais, e algunha achega nova, Fran Amil está mergullado de cheo na produción dunha nova aventura que vai abraiar a moitos.

Como adianta o título do seu novo disco, Fran somérxese na poesía galega para darlle un aire pop. Ventos arriquecedores de diferentes xéneros de música popular que se arremuíñan para ceibar unha bafarada de aire fresco.

Carlos Amil, como produtor musical, acompáñao nesta xeira. Con Arturo Vaquero ao mando técnico, Fran está máis inquedo creativamente ca nunca, e xoga sen medo e sen complexos na liña fronteiriza das fusións, que lle permite mesturar cócteles saborosos e bailabeis.

Estade atentos, meus e miñas, que os foguetes estouran cando menos se agarda.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto