Novas

Ilustración: Laura Romero Ilustración: Laura Romero

Ilustracións a eito!!

Na sección Ilustracións, dentro do botón Galería, xuntamos tódolos fondos de pantalla.

Aquí podemos atopar os magníficos debuxos argallados polxs mellores artistas galegxs dos lapiseiros para os fondos de pantalla cos que agasallamos axs nosxs siareirxs. E ao pé de cada ilustración engadimos unha pequena nota cunha anécdota, unha graza, un conto…

Laura Romero agasállanos co debuxo que ilustra esta entrada, unha visión alternativa que no seu momento non foi publicada porque escollemos outra.

Chuches Amil sentímonos moi orgullosos de crear un vencello harmonioso con outras artes alén das musicais, e agradecemos a participación de tan grandes artistas a crear visións tan especiais e fermosas a partir das nosas cancións. Nunca foi tan certo que a música de Chuches Amil crea ensoñacións ata o infinito e máis alá.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto