Novas

Interesante artigo sobre a música para a xente miúda en Galicia

No “Fugas” de La Voz de Galicia do venres 17 de decembro de 2021, Carlos Crespo fai un pertinente percorrido polo estado actual da música para a xente miúda.

Entre os espectáculos máis orixinais de Galicia para a xente miúda ten un posto destacado Chuches Amil. Podedes comprobalo lendo o artigo.

Carlos Crespo destaca aspectos que para os lectores da nosa páxina non son novos, porque vimos reinvindicándoos dende sempre. A música infantil, ou familiar, ou para xente miúda, feita en Galicia é unha música moi currada, moi profesional, moi talentosa, que busca a comunicación e o desfrute dos seguidores dende unha perspectiva rigorosa, sen trampas, sen posicións distantes ou de superioridade, porque a música funciona a nivel de empatía emocional ou non funciona. Porque o radar da rapazada é moi sinxelo e moi honesto: se me gusta desfruto, se non me gusta paso. Diante de tal contundencia de comportamento só conta ser igualmente de contundente na honestidade da nosa música. Porque o porvir é meu, é teu, é seu, vou soñar a eito e vou tirar proveito de todo o que aínda está por vir. O porvir é de tod@s. A por todas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto