Novas

Ler Conta Moito e Chuches Amil Canta e Conta Moito.

Xa estamos en maio. Xa o avisamos con anterioridade. Pero por se algunha de vós se despistou, insistimos. Xa estamos en maio. Tempo de flores e concertos de Chuches Amil.

Meaño (Pontevedra). Salón de actos da Casa da Cultura. Actuación de Chuches Amil o día 12, ás 18:30, dentro da programación da Rede de Bibliotecas co “Ler Conta Moito”.

Nos últimos anos, Chuches Amil ten percorrido Galicia cos espectáculos “Os Contos de Chuches Amil”, preparados para o programa Ler Conta Moito. Comezamos levando historias relacionadas coas cancións nosas e moldeamos uns espectáculos para os máis pequenos que nos puxeron en camiño polas catro provincias galegas, para dar ritmo e ledicia a mancheas a todos estes enclaves. Non pararon de multiplicarse as actuacións, xa por entón numerosas, de Chuches Amil. Desprazámonos ata Camariñas, Abegondo, Mera, Santa Cruz, Nós, Perillo, Lorbé, Antas de Ulla, Dumbría, Cambre, As Pontes de García Rodríguez, Arzúa, Teo, A Fonsagrada, Maceda, Pontecesures, Cuntis, Riós, etc, etc.

Así que este ano 2025, recuncamos no programa Ler Conta Moito, achegándonos o luns, 12 de maio, ata Meaño, en Pontevedra. E desta volta non o faremos cun espectáculo de conta-contos. Desta volta, imos facer un concerto-concerto. Chuches Amil eléctrico. Esta é a proposta que presentamos para este ano 2025, para celebrar por todo o alto o 10º aniversario de Chuches Amil con cancións dos nosos dous libros-cd: “Un conto ao revés” (2015) e “Monstros. Con ou sen consentimento” (2018); pero tamén con un par de temas novos que sonarán a eito durante este ano.
ámosvos a participar nos nosos concertos. Non só polas cancións, que xa as coñecedes e que, como adoitades contarnos a cotio, vos encantan; convidámosvos para facervos partícipes dos agasallos que imos repartir ao longo deste 2025. Achegádevos e xa veredes o que temos preparado para vós. Non imos dicir moito máis. Vide e levade un recordo noso para a vosa casa.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto