Novo disco de Fran Amil!!!
Fran Amil saca á luz, por fin, o seu fabuloso disco “Popsía Vol. I”.
“Popsía” supón un achegamento inédito que escolma poemas dende o medievo ata a actualidade, converténdoos en cancións a ritmo de rock, pop e soul, entre a máis selecta gama de xéneros musicais contemporáneos.
Rimas de sempre a ritmos bailabeis para identificar textos inmorredoiros e achegalos á mocedade de hoxendía. Música con vocación de permanencia na memoria. Música para mergullarse nela e deixarse levar a espazos mentais e sensacións psicodélicas que agoiran un desfrute perenne. Axiña vos iremos sinalando puntos de venda en toda Galicia para que non quededes sen o voso exemplar.