Novos concertos de Chuches Amil para o mes de agosto de 2026
Chegou o calor de vez. E con el, os concertos e as festas polo país adiante. E Chuches Amil estaremos, como nos últimos anos, dun lado a outro, recorrendo Galicia. Desta volta, os concertos que temos por diante son:
- 10 de agosto : Chuches Amil eléctrico en San Pedro da Ribeira, Baños de Molgas (Ourense). Ás 22:00. Programa Cultura no Camiño 2026
- 13 de agosto: Chuches Amil eléctrico en Lodoselo, Sarreaus (Ourense). Programa Cultura no Camiño. Ás 20:00. Programa Cultura no Camiño 2026
- 16 de agosto: Chuches Amil dúo no Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio. Ribas de Sil (Lugo). Ás 20;00. Programa Cultura no Camiño 2026
- 30 de agosto: Chuches Amil en concerto, no Festival de la Luz, Boimorto (A Coruña), no escenario Millo Circus. Ás 14:30.
Así que se podedes pasar por calqueira destas localidades, non o dubidedes. Vinde. Temos sorpresas, agasallos e moito rock and pop!
Chuches Ami. As únicas chuches que non provocan carie.










