Novas

My Image

O mes de maio: mes das flores, das Letras Galegas e dos concertos de Chuches Amil



Xa estamos en maio. Ao caloriño dunha primavera fecunda que alegra a vista e o espíritu. Ben sabemos que maio é o mes das floresm, o mes no que se celebra o Día das Letras Galegas. Concretamente, o día 17. Este ano é adicado ás cantareiras, transmisoras da oralidade inzada de cultura tradicional que armaron as nosas tataravoas, bisavoas, avóas, nais, tías, etc. Elas, que eran o sostén anímico e facedor do fogar, enleando os traballos con festa a eito. Amparadas nas súas gorxas poderosas e armadas de canto elemento percusivo caese nas súas mans (culleres, cazos, pratos, pandeiretas, botellas de anís, latas de pimentón, etc, etc).

Pero o mes de maio é tamén o mes no que Chuches Amil vai de concerto aos concellos de Aranga (A Coruña); Meaño (Pontevedra) e a propia Cidade de Cristal. Serán tres concertos marabillosos, diferentes, cheos de ritmo, ledicia e as pegadizas cancións de Chuches Amil, que aterrarán no CEIP A Castellana, o día 6, ás 12 do mediodía, dentro da programación da Rede Cultural da Deputación de A Coruña; a Bblioteca Municipal de Meaño, o día 12, ás 18:30, dentro da programación da Rede de Bibliotecas e o "Ler Conta Moito"; e o Fórum Metropolitano da cidade de A Coruña, o día 15, contra as 12:00, nunha nova colaboración coa Policía Municipal desta cidade, que organiza, outra volta, unha xornada de ciber-seguridade á que acudirá o alumnado de varios centros de estudios coruñeses.

Xa nos tarda que cheguen estas datas. Queremos encher de enerxía os petos e para eso temos tres repertorios exclusivos para cada un destes eventos, a desenvolver en tres espazos tan diferentes (un cole; unha biblio; e un auditorio).

Lembrade que temos repertorio para tocar case dúas horas sen repetir peza... Así, cada vez que asistides a un concerto de Chuches Amil atoparedes unha nova canción para pasalo en grande, da marabillosa discoteca de éxitos de Chuches Amil, tal como vos gustan a vós, con ritmo, boa enerxía e estribillos pegadizos para cantar e bailar a esgalla.

Non descartamos que xurdan máis concertos para este mes de maio. En todo caso, terémosvos ao día nas nosas RRSS (xa sabedes, o Facebook e o Instagram) para que non vos perdades a oportunidade de asistir a algún dos nosos concertos. E temos agasallos e sorpresas especiais para celebrar que estamos de décimo aniversario. Unha oportunidade marabillosa de levar un disco de Chuches Amil para casa, por exemplo...

Así que, vémonos en maio. Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto