Novas

Os concertos do mes de decembro

A información máis completa dos concertos de Chuches Amil. Derradeiro mes de 2023, mes de festas e vacacións de nadal. Comproba se tocamos cerca da túa casa.

Eis algúns dos concertos confirmados para o mes de decembro. Estade ao loro, meus e miñas, que iremos medrando a sección a medida que se confirmen datas.

2 de decembro, ás 19:00, dentro do programa de actividades “El Show de Celi” no centro comercial As Cancelas (Santiago de Compostela), festa rachada para quen se achegue.

4 de decembro, ás 12:00, Chuches Amil farase cargo da animación infantil na Inauguración do Belén Artesanal do Concello de Vilanova de Arousa. Será na planta superior da Casa do Mar. Chuches Amil vai encher de panxoliñas de creación propia e outras de orixe tradicional un encontro ao que está convidado o alumnado das escolas da localidade.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto