Os concertos do mes de xuño, para Chuches Amil
Concertos de Chuches Amil no mes de Xuño de 2026. Rodeiro (PO), Carral ©, Tomiño (PO) e Ribeira ©.
En xuño, fouce no puño. Tempo de segar. Tempo de traballar. Coma todos os meses, vaia. Para Chuches Amil non vai ser menos. Concentramos a xolda nos días 18, 19 e 20 de xuño, para levar toda a nosa ledicia a Rodeiro (Pontevedra), Carral (A Coruña), Tomiño (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña). Catro lugares nos que imos despregar o son Chuches Amil. Rock a eito. Pop refulxente. Swing impasible.
Todo sexa por celebrar o remate de curso como ben merece. Para todas esas nenas e nenos que tanto se esforzaron por aprender, darlle voltas ás Matemáticas e demáis asignaturas que os tiveron enleados durante case un ano.
Así acontecerá en Rodeiro, o 18 de xuño, contra as 14:00, cun concerto de Chuches Amil eléctrico, dentro do programa Cultura no Camiño, do Agadic;. O propio día 18, ás 18:00, dentro da programación da Rede Cultual da Deputación da Coruña, Chuches Amil eléctrico chega a Carral, dentro do programa Escena ao vivo. Dous concertos nun mesmo día, para darmos un paseo polas provincias de Pontevedra e A Coruña. Ao día seguinte, 19 de xuño, Chuches Amil estará en Tomiño, para pechar o curso cun concerto no CEIP de Labrada, contra as 12 ou 12:30. Para rematar esta semana intensa de xuño, Chuches Amil acústico, chegará a Ribeira, para actuar no Centro Cultural Lustres Rivas, ás 12:00. Desta volta, tras tanto concerto electrificado, Chuches Amil pasará a actuar en acústico. Voz e guitarra ao vento, sen amplificación algunha. Para botar unhas repichocas a pelo, que diría algún amigo noso.
Así que todo concentradiño nunha semana. Este mes de xuño vai pasar voando. Concertos, caharelass, fin de curso, praia, diversión, amizade, etc.
Chuches Amil. Música infinita!










