Novas

Os concertos do primeiro semestre de 2024

A información máis completa dos concertos de Chuches Amil. Co arranque do ano arrancan tamén as ilusións que levamos ás familias e coles, que non rematan nunca.

Eis algúns dos concertos confirmados para este primeiro semestre de 2024. Estade ao loro, meus e miñas, que iremos medrando a sección a medida que se confirmen datas.

22 de febreiro, ás 18:30, na BPM Xoglar Mendiño, en Lorbé (Oleiros, A Coruña), dentro do programa “A Hora do Conto”, estreamos con moita ilusión o espectáculo “Con certo aire musical”, unha chea de anécdotas acontecidas durante as nosas actuacións en directo, cheas de fantasía e bo humor. Imprescindible reservar praza na Biblioteca Xoglar Mendiño ou chamando ao teléfono 981 618 201.

14 de marzo, ás 18:30, na BPM Rialeda, en Perillo (Oleiros, A Coruña), recuncamos co espectáculo “Con certo aire musical”, dentro do programa “A Hora do Conto”. Imprescindible reservar praza na Biblioteca Rialeda ou chamando ao teléfono 981 639 511.

Venres 12 de abril, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole en Nós, levaremos o espectáculo “Con ou sen consentimento”. Reservar asistencia no teléfono 981 664 257.

Mércores 17 de marzo abril, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro en Santa Cruz, estaremos co espectáculo “Con certo aire musical”. Reservar asistencia no teléfono 981 626 338.

Venres 10 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal María José Trincado en Mera, rematamos a xeira de “A Hora do Conto” nas bibliotecas de Oleiros co espectáculo “Con ou sen consentimento”. Reservar asistencia no teléfono 981 628 507.

Martes 14 de maio temos dobre sesión no Centro Ágora de A Coruña co espectáculo “Un conto ao revés”, dentro do programa Apego, organizado por Normalización Lingüística do Concello da Coruña. O primeiro pase será ás 17:00, e o segundo as 18:30. A inscrición para os que queiran asistir será a partir do venres 10 de maio, ás 10.00 h. Bulide, insensat@s, que axiña esgotan as entradas!!!

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto