Novas

Outro video escolar coa canción "O porvir é meu"!!

O día de Nadal atopamos outra mostra do talento escolar neste videoclip feito polo CEIP Couceiro Freijomil, de Pontedeume.

Este marchoso videoclip está feito polos alumnos de 3º de primaria. Que grandes!!

A nosa canción leva camiño de converterse nun clásico nas adaptacións audiovisuais. Xa é o segundo videoclip feito nunha escola! (Lembrade o engaiolante videoclip do CEE Nosa Señora do Rosario de A Coruña)

O máis sorprendente é que as dúas versións, marabillosas ámbalas dúas, están adaptadas á língoa de signos.

Agradecemos de corazón esta teima coa nosa canción, e espallamos a boa nova para que chegue o máis lonxe posible.

Definitivamente, O porvir é meu (e teu, e seu).

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto