Novas

"Popsía Vol. I", o mellor agasallo de nadal

Este nadal o agasallo máis fermoso e duradeiro que podes facer é o de ofrecer o disco “Popsía” a quen máis queiras (se cadra, a ti mesm@).

Déixovos aquí o que dixo Pepe Cunha sobre o noso disco, para que vexades o que de nós opinan: “As cancións tiradas de versos ou poemas adoitan ir acompañadas dun certo halo de solemnidade ou seriedade. Polo menos iso debeu motivar o músico coruñés Fran Amil (Os Papaqueixos, Os Diplomáticos de Monte Alto, Os tres trebóns, Ultraqans, Chuches Amil …) para nos propor unha alternativa desprexuizada e estimulante que leve clásicos da lírica galega a ritmos bailábeis de pop, soul, rock ou funky…”

Ou o que dixo Fernando Montenegro no suplemento cultural “Sermos Galiza” do diario Nós: “Fran Amil despóxase de todo protocolo para abordar unha escolma de poesia galega que, para empezar, denosta un gusto persoal que se aparta das escollas máis obvias… …Mais alén do repertorio, o verdadeiramente interesante é a demostración de que o poema enche de contido toda clase de música.”

Ou o que dixeron na Libraría Cartabón de Vigo: “Fran Amil ocúpase da voz, batería, percusións, programacións e coros. Un home orquestra, un talento desmesurado, un músico agraciado pola melodía contaxiosa e tarareable. Deixamos constancia aquí dun plantel de músicos inigualabeis, cos que Fran tivo a honra e o privilexio de armar un disco de escándalo:”

Neste enlace tedes os establecementos onde podedes atopar o disco.

Felices festas. E feliz música.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto