Novas

Ilustración: Carlos Amil Ilustración: Carlos Amil

Se tivese que escoller un único concerto

Se tivese que escoller un único concerto dos moitos cos que Chuches Amil agasallou aos seus siareiros, escollería o vindeiro.

Diredes que fago trampa, e que me deixe de lerias, porque ese concerto non existe. Mais o certo é que xa comezou na miña cabeza. E comezou do mellor xeito posible porque arranca coa canción “O porvir é meu”.

Cando unha actuación arranca con esa promesa de futuro, nada mete medo.

O porvir é o vindeiro concerto. Estades dacordo, meus e miñas?

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto