Novas

Unha nova historieta de Chuches Amil

Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil presenta a Lobo Bo nun percorrido sentimental pola xenealoxía familiar.

Lobo Bo fai un repaso pola xenealoxía familiar, e preséntanos algúns dos seus máis famosos ancestrais. Ancestrais lendarios, con moita sona espantosa espallada polo mundo adiante. Botádelle unha ollada á historieta, e axudaravos a entender mellor ao noso Lobo Bo. Ou non, que o mundo está cheo de xente e cada xn é como é. Ou tampouco, non vaia ser o demo que alguén se amole e nos demande por un quítame aló esa palla que non nos deixe ver a trabe. E que non vos trabe o lobo.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto