Novas

Foto: Carlos Amil Foto: Carlos Amil

Unha outra volta na “Hora do Conto” das bibliotecas de Oleiros

Por sexta vez, temos a honra de participar coas nosas cancións e contos na “Hora do conto”, da rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Este marabilloso agasallo que a rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros ofrece á rapazada do concello conta con algúns dos nomes máis senlleiros da música e d@s contacontos galeg@s. Aí é nada ter na nómina de convidad@s a Paco Nogueiras, Ramiro Neira, Trémola Teatro, Paula Carballeira, Charo Pita, Tarabelos Teatro, Pablo Díaze moit@s outr@s que forman un elenco insuperable.

Foto: Carlos Amil

Esta xeira de actuacións de Chuches Amil énchenos de ledicia, porque sempre atopamos un público excepcional, entre os tres e seis anos. E tamén cativada de ano e pouco e dous anos, que levan dentro do seu corpo o ritmo e a música.

Os contos e as cancións de Chuches Amil priorizan e estimulan a participación d@s asistentes, e converten o acto nunha festa rachada onde a cativada canta, baila e fala arreo con Fran Amil.

Arrancamos xoves 22 de febreiro, ás 18:30, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé, coa estrea do espectáculo “Con certo aire musical”, no que contamos anécdotas que sucederon nas nosas actuacións en directo, en forma de contos. Hai que chamar ao teléfono 981 618 201 para reservar asistencia, porque hai aforo limitado. Poderase inscribir desde dez días antes da data de realización da actividade. Bulide, insensat@s, que as entradas voan!!

Xoves 14 de marzo podedes vernos, ás 18:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, tamén co espectáculo “Con certo aire musical”. Reservar asistencia no teléfono 981 639 511.

Venres 12 de abril podedes vernos, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole en Nós, co espectáculo “Con ou sen consentimento”. Reservar asistencia no teléfono 981 664 257.

Mércores 17 de abril podedes vernos, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro en Santa Cruz, co espectáculo “Con certo aire musical”. Reservar asistencia no teléfono 981 626 338.

E rematamos esta xeira venres 10 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal María José Trincado en Mera, co espectáculo “Con ou sen consentimento”. Reservar asistencia no teléfono 981 628 507.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto