Novas

Videoclip Con ou sen consentimento concerto Nadal 2020

Chuches Amil engade Con ou sen consentimento, e achega unha nova amosega á súa colección de videoclips tirados do concerto de nadal 2020.

Como ben sabedes, esta colección estará composta polas cancións que integraron o concerto de nadal organizado polo programa Apego para Normalización Lingüística do concello de A Coruña.

En máis dunha ocasión atoparemos tomas alternativas das mesmas cancións, diferentes ás interpretacións ofrecidas no concerto emitido. Iremos ofrecendo un videoclip por mes, para que teñades tempo de aprendervos as letras, se aínda non as sabedes.

Quen sabe, dáme que sodes quen de facer a vosa propia versión, gravala e mandala a chuchesamil@gmail.com para que a publiquemos. Se a publicamos, tedes premio seguro. Bulide, insensatos!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto