Colaboradores

Foto: Silvia Costa Foto: Silvia Costa

Antón Torroncho

Antón “Torroncho” Fernández é un baixista de longa traxectoria na música, a pesares da súa xuventude.

Torroncho é un dos músicos máis activos da escena galega, tanto en directo como en estudios de gravación. Músico versátil, tremendamente efectivo en diferentes xéneros e proxectos musicais, puntual, alegre e cun sorriso permanente nos beizos, Torroncho traballa con xente tan heteoroxénea como o grupo Dakidarría, Fran Amil, Brais Morán, Xoán Curiel e a Banda do Verán, Sr. Salvaje, Ángeles Dorrio Band e moitos outros que farían que esta lista semellase un listín telefónico dos antigos: gordos e cheos de xente.

Este é Torroncho, un músico imprescindible nos directos de Chuches Amil, e agora tamén nas derradeiras cancións gravadas nos meses de setembro e outubro deste 2022, como neste formidable O apalpador.

Prolonga así a colaboración que iniciou no fermoso e imprescindible disco de Fran Amil Popsía Vol. I.

E non queremos rematar esta ficha sen mencionar algún dos grupos con aurelola de clásicos na música galega nos que Torroncho participou, como Nao, Ruxe-Ruxe ou a Gramola Gominola, entre outros.

Foto: Angel Delgado
Torroncho pousando cun calendario que recolle unha foto dunha actuación co grupo Dakidarría. A foto foi feita por Ángel Delgado.

Torroncho, grande entre os grandes. Chuches Amil ten a fortuna de contar sempre cos mellores músicos.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto