O Apalpador
O noso gran agasallo deste nadal de 2022. Unha canción festeira que nos conta de onde vén tan entrañable personaxe.
Fran Amil na batería e cantando, Antón Torroncho no baixo, Paco Cerdeira “Pakolas” na guitarra eléctrica, Richi Casás no saxo e no acordeón, e Ángeles Dorrio e Carmen Rey nos coros forman unha banda imbatible. A produción correu a conta de Fran e de Carlos Amil, e este último foi o produtor musical. Iago Blanco exerceu de técnico de son e de mesturas.
Podedes descargala e levala no móbil ou na tablet, e mesmo gardala no disco duro para oila cando e onde queirades.
Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.