Colaboradores

Foto: Anxeles Roca Foto: Anxeles Roca

Xosé Cobas

Ilustrador, pintor, escultor…

Xosé Cobas ten un don especial á hora de debuxar: debuxa e compón ao tempo. Nos seus debuxos o ritmo acompasa a ollada, e guíaa atinadamente para desvelar e revelar capas e intencións que agroman paseniño. Unha ollada rápida ás súas creacións arquiva unha idea, unha sensación, unha emoción. Unha ollada demorada ensarilla ideas, sensacións, emocións. E cando pensamos que os temos perfectamente clasificados, unha revisión dos debuxos significa unha revisión de ideas preconcibidas en anteriores visións. Estas revisións abren as obras a unha viaxe diferente, nova e infinita. Desfrutade coa colaboración con que Cobas honra a nosa páxina.

Podedes visitar a súa páxina e comprobar que o que deixamos anotado é ben certo. Xosé Cobas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto