Chucherías

⭠ Voltar


  • Ilustración: Xosé Cobas Ilustración: Xosé Cobas

    Agasallo novo para coleccionar!!!

    Chuches Amil regálanos unha marabillosa ilustración da canción “Con ou sen consentimento” debuxada polo extraordinario artista Xosé Cobas.

    Unha ilustración que podemos descargar e usar como fondo de pantalla da nosa tablet, do noso ordenador ou do móbil, para levar a vosa ilustración favorita acanda vós en calquera dispositivo! Xenial!

    Colecciona as ilustracións das túas cancións favoritas!! A partir deste mes de setembro de 2020, cada mes aparecerá unha nova ilustración a cargo dos mellores ilustradores e ilustradoras de Galicia. Chuches Amil ilustrado e cantado. Que máis queredes? Pedide, pedide, que para Chuches Amil nada hai imposible.

    As primeiras ilustracións serán de balde, pero logo para poder descargalas haberá que subscribirse. Seguirán sendo de balde, pero só estarán a disposición de tódolos subscriptores da páxina. Subscríbete xa!

  • Ilustración: Anxo Padín Ilustración: Anxo Padín

    Agasallo de abril horizontal

    Chuches Amil agasalla este mes de abril cun marabilloso fondo de pantalla de Anxo Padín ilustrando a nosa canción “Este robot é unha máquina” en formato horizontal, para que escollades o que máis vos preste segundo o voso aparello tecnolóxico.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Anxo Padín Ilustración: Anxo Padín

    Agasallo de abril vertical

    Chuches Amil agasalla este mes de abril cun marabilloso fondo de pantalla de Anxo Padín ilustrando a nosa canción “Este robot é unha máquina” en formato vertical.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Laura Pato Ilustración: Laura Pato

    Agasallo de febreiro vertical

    Chuches Amil agasalla este mes de febreiro cun marabilloso fondo de pantalla de Laura Pato ilustrando a nosa canción “Os monstros xa non queren asustar” en formato vertical.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Laura Pato Ilustración: Laura Pato

    Agasallo de febreiro horizontal

    Chuches Amil agasalla este mes de febreiro cun fondo de pantalla de Laura Pato ilustrando a nosa canción “Os monstros xa non queren asustar”, facendo unha aproximación sorprendente e moi atractiva.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Manel Cráneo Ilustración: Manel Cráneo

    Agasallo de xaneiro

    Chuches Amil agasalla este mes de xaneiro cun fondo de pantalla de Manel Cráneo ilustrando a nosa canción “Os porcos das fragas do Eume” en divertida homenaxe aos cartoons da Warner Bros.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Xulia Pisón Ilustración: Xulia Pisón

    Agasallo de decembro vertical

    Chuches Amil agasalla este mes de decembro cun fermoso e do nadal fondo de pantalla de Xulia Pisón ilustrando a nosa canción “Merry Christmas, peludos” en formato vertical.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Xulia Pisón Ilustración: Xulia Pisón

    Agasallo de decembro horizontal

    Chuches Amil agasalla este mes de decembro cun fermoso e do nadal fondo de pantalla de Xulia Pisón ilustrando a nosa canción “Merry Christmas, peludos” en formato horizontal.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Laura Romero Ilustración: Laura Romero

    Agasallo de novembro vertical

    Chuches Amil agasalla este mes de novembro cun rechamante fondo de pantalla de Laura Romero ilustrando a nosa canción O monstro orquestra en formato vertical.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Laura Romero Ilustración: Laura Romero

    Agasallo de novembro horizontal

    Chuches Amil agasalla este mes de novembro cun rechamante fondo de pantalla de Laura Romero ilustrando a nosa canción O monstro orquestra en formato horizontal.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Javi Montes Ilustración: Javi Montes

    Samaín (III): Un agasallo de medo!!!

    Díxenvos que Chuches Amil toleou coa festa do Samaín, e a proba tédela en que a fermosa ilustración de Javi Montes facendo súa a canción de Chuches Amil “Noite de Samaín” podedes baixala tamén en formato vertical.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Javi Montes Ilustración: Javi Montes

    Samaín (II): Un agasallo de medo!!!

    Chuches Amil toleou coa festa do Samaín, e ceiba un agasallo extraordinario que mesmo podedes imprimir e pendurar das paredes das vosas escolas: a fermosa ilustración de Javi Montes facendo súa a canción de Chuches Amil “Noite de Samaín”.

    Ler máis e descargar o arquivo

    Ilustración: Xosé Cobas Ilustración: Xosé Cobas

    Agasallo novo para coleccionar!!!

    Chuches Amil regálanos unha marabillosa ilustración da canción “Con ou sen consentimento” debuxada polo extraordinario artista Xosé Cobas.

    Ler máis e descargar o arquivo

  • Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    O porvir é meu

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil tenta acougar a Monstro Orquestra, moi preocupado pola previsible chegada do porvir. Se escoitase a canción “O porvir é meu” desaparecería a súa preocupación. Se tedes curiosidade por saber que pasou, lembrade que para ver a historieta con máis comodidade, podedes premer no debuxo e este faise automaticamente mais grande..
    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Pequerrecho, melenudo II

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil canta o seu hit “Pequerrecho, melenudo” a un chimpancé e o que pasa é ben abraiante, pero non penso contarvos máis nada. Se tedes curiosidade por saber que pasou, lembrade que para ver a historieta con máis comodidade, podedes premer no debuxo e este faise automaticamente mais grande..

    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Á auga, patos

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil vive unha poética e ensoñadora aventura na bañeira da súa casa. É que ás veces o máis cotián é o máis aventureiro. Botádelle unha ollade e veredes que non minto. Lembrade que para ver a historieta con máis comodidade, podedes premer no debuxo e este faise automaticamente mais grande.

    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Pequerrecho, melenudo

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil aventúrase na fraga e bate cun inesperado habitante da mesma. Atrevédesvos a mirar que pasou? Lembrade que para ver a historieta con máis comodidade, podedes premer no debuxo e este faise automaticamente mais grande.

    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Os porcos da fraga do Eume

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil asiste abraiado a unha achega de barbarie bárbara. Lembrade que para ver a historieta con máis comodidade, podedes premer no debuxo e este faise automaticamente mais grande.

    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Este robot é unha maquina

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil enreda con Roboto nunha tola aventura de dúas páxinas.

    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Son un Lobo Bo

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil presenta a Lobo Bo nun percorrido sentimental pola xenealoxía familiar.

    Saúde e cómics.

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Noite de Samaín

    Con guión de Carlos Amil e debuxos de Brais Fierro, Chuches Amil vive unha extraordinaria aventura de tres páxinas que sucedeu en Arnuide, no ourensán concello de Vilar de Barrio.
    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Contra o monstro Covid-19

    A banda deseñada do noso grupo favorito, guionizada por Carlos Amil e debuxada por Brais Fierro, ofrece unha nova entrega que advirte a Chuches Amil do perigo desencadeado polo monstro da Covid-19.

    Saúde e comics

    Ler o cómic

    Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

    Rock Sideral

    A banda deseñada do noso grupo favorito, guionizada por Carlos Amil e debuxada por Brais Fierro, inaugúrase hoxe cunha aventura sideral que ten a Chuches Amil un aquel desconcertado.

    Saúde e comics

    Ler o cómic

  • Ilustración: Xosé Cobas Ilustración: Xosé Cobas

    Agasallo novo para coleccionar!!!

    Chuches Amil regálanos unha marabillosa ilustración da canción “Con ou sen consentimento” debuxada polo extraordinario artista Xosé Cobas.

    Unha ilustración que podemos descargar e usar como fondo de pantalla da nosa tablet, do noso ordenador ou do móbil, para levar a vosa ilustración favorita acanda vós en calquera dispositivo! Xenial!

    Colecciona as ilustracións das túas cancións favoritas!! A partir deste mes de setembro de 2020, cada mes aparecerá unha nova ilustración a cargo dos mellores ilustradores e ilustradoras de Galicia. Chuches Amil ilustrado e cantado. Que máis queredes? Pedide, pedide, que para Chuches Amil nada hai imposible.

    As primeiras ilustracións serán de balde, pero logo para poder descargalas haberá que subscribirse. Seguirán sendo de balde, pero só estarán a disposición de tódolos subscriptores da páxina. Subscríbete xa!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto