Novas

Fran Amil na presentación do videoclip “Non violencia”

O vindeiro sábado 5 de outubro no Teatro Colón da cidade de A Coruña, terá lugar a presentación interplanetaria do videoclip “Non violencia”.

Non violencia é unha canción escrita polxs alumnxs do colexio CEIP Rosalía de Castro e gravada por diversos músicos coruñeses como o noso Fran Amil, apoiando esta iniciativa tan necesaria, nos Estudios Gourmet Sound, con Alfonso Camarero de responsable técnico, e Manel Cráneo de produtor.

No mes de maio Fran participou na rodaxe do videoclip, dirixido por Manu Viqueira, e exerceu de profesor na ficción da canción que xs alumnxs escribiron para incentivar á cativada toda de Galicia a denunciar calquera tipo de violencia nas aulas.

Porque as cousas bonitas hai que presentalas en espazos bonitos, Fran Amil foi o escollido para interpretar en directo a canción que soará no videoclip e que interpretará coa guitarra acústica na compaña dxs nenxs do CEIP Rosalía de Castro ao berro de “Non violencia. Ti que miras, actúa”.

Non o dubidedes, achegádevos ao Teatro Colón para ver e escoitar tanta maravilla.

Non violencia!!! Máis músicas bonitas!!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto