Fran Amil ten unha Cita coa Historia
Fran Amil e a súa banda actúan o sábado 14 de setembro no Campo da Festa (a carón do río Eume) en As Pontes, na VI Cita coa Historia. Un evento xa asentado que ofrece diversas actividades para pasar unha boa xornada.
O festival musical agasalla con tres actuacións moi recomendabeis, da que nos permitimos destacar a de Fran Amil presentando por primeira vez en directo “Negra Sombra” e “Ondas de San Simón”, temas que pertencen ao disco “Popsía”, a publicar a primeiros do vindeiro ano. Completará o seu recital con cancións de “A voz do vento” e algunhas das xoias de “Monstros. Con ou sen consentimento”.
Agardámosvos. Saúde e cantigas.
Aquí podes ler a crónica deste concerto