Novas

Sardiñas na grella sobre foto de alberte peiteavel Sardiñas na grella sobre foto de alberte peiteavel

A sardiña en San Xoán xa molla o pan

Pois así de súpeto, case sen enterármonos, xa estamos no mes de xuño. Mes de vacacións e de folgar e enredar ceibes, sen deberes escolares nin gaitas semellantes.

Xa estamos para nos mollar, coma a sardiña. Xa chega a lumerada de San Xoán, e con ela as vacacións. A brincar e choutar polas cacharelas sen nos queimar. Como canta Chuches Amil “Xa chegou o verán”.

E Chuches Amil revélanos neste artigo cal é o seu concerto favorito. Se tivese que escoller un único concerto… A música festeira do noso grupo favorito segue a infectar de boa música as cabeciñas da nosa rapazada.

Este mes temos unha novidade moi novidosa: ¡estreamos tenda virtual! Xa podedes mercar os nosos marabillosos discos libro “Un conto ao revés” e “Monstros, con ou sen consentimento”.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto