Novas

Debuxo: Anxo Padín Debuxo: Anxo Padín

Abril frío e fornos quentes, alegría prós meus dentes

Tamén tiñamos o máis coñecido refrán de En abril augas mil para titular o mes, pero lembrando aquilo de ande eu quente e ríase a xente, escollimos un dito máis achegado a esa marabillosa idea de non reparar en preocupacións derivadas do que dirán.

As cousas van mellor a nivel xeral que hai un mes, pero aínda temos que seguir alerta: hai que continuar levando máscara e manter as distancias de seguridade, para que xunto ás vacinas que semella han despegar a partires deste mes, poidamos afrontar un verán con sabor a verán: praia, descanso, lecer, vacacións e música. E para facer, coma sempre, máis levadeira esta situación, aquí estamos outravolta co engaiolador índice de artigos do mes.

Imos empezar coa nova dxs afortunadxs ganadores dos premios colleitados por seren siareirxs e subscriptores da nosa páxina. Apúntate ti tamén e gana premio seguro. Bulide, insensatxs!!!

Apuntamos a boa nova da saída ao mercado dun disco fabuloso do noso inconmensurable Fran Amil: “Popsía Vol. I”. Aínda que estamos certos de que tamén vos vai gustar moito, é un disco para os vosos irmáns maiores e, mesmo, para os vosos pais. E para completar a reseña, deixamos tamén aquí anotados os puntos de venda onde poderedes facervos con esta alfaia musical.

Seguimos cunha lámina para colorar a eito e para que xs máis peques da casa ceiben a súa arela de seren artistas: lámina en branco e negro de Mario Brenlla para enchela de cor. Papás e mamás, tócavos facer traballar a impresora e ceibar os lapiseiros de cores.

Este mes a nosa páxina brilla grazas á ilustración rockeira e robótica de Anxo Padín facendo súa a nosa canción “Este robot é unha máquina“en formato horizontal ou vertical para que escollades segundo vos preste. A nosa sección de “Fondos de Pantalla” segue a medrar con paso firme. Non vos perdades ningunha!!

Aproveitando a ilustración de Anxo Padín, engadimos o videoclip Este robot é unha máquina, tirado do concerto de nadal 2020 para Apego de Normalización Lingüística do concello de A Coruña. Un dos temas máis queridos polxs siareirxs de Chuches Amil.

Lembrade que cada semana engadimos un novo artigo. Non deixedes de visitarnos a miúdo!!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto