Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil
Pois semella que este abril quere ser outro mes, porque o que levamos camiñado (medio mes) évos ben seco, meus e miñas. Nós propoñemos cambiar o refrán por estoutro que aquí deixamos: “Abril, mes de Chuches Amil”
Vale, calquera mes é o mes de Chuches Amil. A música festeira do noso grupo favorito vale para calquera hora de calquera día de calquera mes. Abofé.
Mentres colleitamos novos artigos, deixámosvos este “O que dixeron de nós” en musicaengalego.
E sobre o mesmo libro achamos esta outra reseña estupenda de Kerícolo no blog Palabras y mundos. Que boa colleita, colegas!!
Había moito tempo que non faciamos unha crónica das nosas actuacións, e este mes alumeamos a Hora do Conto, coa actuación na Biblioteca Ánxel Fole, de Nós.
Non deixedes de acudir á Festa do Pan en Carral (A Coruña), que o día 15, ás 18:00, actuaremos Chuches Amil no PequePan.
Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.