Novas

Bo Nadal

Chuches Amil agállanos cun mix de panxoliñas

Como un extra do Concerto de Nadal “Chuches Amil presenta: Monstros con ou sen consentimento” feito por encargo do programa Apego para Normalización Lingüística do concello de A Coruña, Chuches deléitanos cunha mestura de panxoliñas que remata co noso clásico “Merry Christmas, peludos”.

O concerto foi gravado o luns 14 de decembro nos estudios A Ponte, en Roxos, parroquia de Santiago de Compostela, tendo como técnico de son e mesturas a Tomás Ageitos, na iluminación e control das cámaras a José Luis Padín “Chou”, na realización a Carlos Amil, e na produción a Fran Amil e Carlos Amil.

A estupenda banda que arrodea a Fran Amil, voz solista e guitarra acústica, está formada por Miguel Paz a cargo da batería e das voces do coro, Antón “Torroncho” no baixo, Plácido García na guitarra eléctrica, e Fernando Román no saxo soprano.

Boas festas!! E coidádevos moito.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto