Novas

Ilustración a partir dunha foto de alberte peiteavel Ilustración a partir dunha foto de alberte peiteavel

Da serie "O que dixeron de nós" (2ª)

Segunda entrega de “O que dixeron de nós”. Lembrade que aportamos referencia de cada artigo, para que vexades que nada non inventamos e que todo son frases e opinións de quen firma o artigo referenciado.

Traemos hoxe a esta sección o blog Palabras y mundos, no que a colaboradora Kerícolo escribiu un artigo ben laudatorio sobre o noso primeiro disco-libro “Un conto ao revés”, publicado pola Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore.

Isto dicía: “Un conto ao Revés” de Chuches Amil e da Editorial Galaxia, pon nas nosas mans un pequeno tesouro que encheu o meu corazón de alegría e de bo humor¡¡”

Creo que sobran comentarios. Moitas grazas, Kerícolo.

Moi contentos destas expresivas e espontáneas consideracións sobre a nosa música e o noso proxecto, que abrangue contos, ilustracións, banda deseñada e moitas outras cousas, como podedes comprobar se facedes unha xeira por esta nosa páxina chea de ilusións e música para entreter unha tarde de fastío, para alimentar o espírito e para arelar a ledicia a calquera hora.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Aquí podemos ver a primeira entrega de O que dixeron de nós.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto