Novas

Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

“Este robot é unha máquina” en formato historieta!!

De tebeo total. Chuches Amil deixa toda a responsabilidade do concerto nas mans de Roboto, e pasa o que pasa por lacazán.

Botádelle unha ollada, e veredes como funcionan Fran Amil e Carlos Amil con Roboto. Brais Fierro debuxa maxistralmente esta enredada idea bosquexada por Carlos Amil, para darlle forma a unha sorprendente banda deseñada.

Lembrade que para ver a historieta con máis comodidade, podedes premer no botón de full screen (pantalla completa) que hai á dereita do lector de cómic. Tamén podedes xogar co botón da lupa que hai á esquerda para aumentar ou minguar a imaxe. Para pasar de páxina, só tedes que premer nas frechas esquerda ou dereita situadas a metade de páxina. Sinxelo, verdade?

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto