Novas

Fran Amil presenta aos monstros acústicos en Foz

Sábado 27 de abril, ás 12:00 na Sala Bahía, Fran Amil presenta aos monstros acústicos, acompañado no escenario coa presenza do extraordinario saxofonista Ricardo Casás.

E o gran acontecemento do día: parte do repertorio terá a colaboración dxs alumnxs de música e movemento da Escola de Música de Foz. Nenxs de catro a sete anos que amosarán o seu entusiasmo e ben facer. Non deixedes pasar esta oportunidade de gozar dun concerto único coas cancións favoritas dos rapacxs, marchosas e pegadizas a máis non poder. Achegádevos a Foz. Calquera excusa é boa para visitar a fermosa mariña lucense, pero se lle engadimos a mellor música do momento á excusa é sinxelamente irresistible. E como dicía o gran Oscar Wilde, eu resisto todo menos a tentación.
Aquí podes ler a crónica deste concerto

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto