Novas

A chuvia de febreiro fai o palleiro

Se chove cando toca, teremos auga a esgalla para beber e nos lavar, e que ben prestan para o corpo as dúas cousas!!!

Tamén gústanos moito que chova música, e se é o cancioneiro inesgotable de Chuches Amil, mellor que mellor.

Para celebrar o entroido, adiantámonos uns días para actuar na Biblioteca Central Rialeda, de Perillo (Oleiros), dentro das actividades “A Hora do Conto” da rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros. Non deixedes de asistir. Premede no enlace e saberedes por que.

Hai casos e hai cousas. E hai cousas que son un caso. O caso é que cando Fran Amil era pequecho pasoulle unha cousa ben curiosa nas orellas. Se vos queredes enterar, máis vale que lle deades ao enlace bermello para entrar no relato A orella de Fran Amil. Se non vos queredes enterar, nin se vos ocorra premer no enlace. Ficades avisad@s.

O monstro Orquestra está moi preocupado polo porvir. E Chuches Amil tenta acougalo nesta divertida historieta titulada O porvir é meu, guionizada por Carlos Amil e debuxada maxistralmente por Brais Fierro. A banda deseñada de Chuches Amil segue a medrar, ata o infinito e máis alá.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto