Novas

Ilustración a partir dunha foto de alberte peiteavel Ilustración a partir dunha foto de alberte peiteavel

Da serie "O que dixeron de nós" (3ª)

Nesta terceira entrega de “O que dixeron de nós” viaxamos ata as “Novas de Radiofusion” cando presentabamos o disco-libro “Un conto ao revés”, publicado pola Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore.

“Chuches Amil agasalla lambonadas que saben a rock”. Con este contundente título aparecimos na páxina web de Novas de Radiofusion o 6 de novembro de 2015. Máis de un ou unha xa tivo tempo de medrar, non si?

Rock, lambonadas, chuches, música. O que máis nos presta!!!

Tamén nos prestan moito os contos, ilustracións, banda deseñada e moitas outras cousas, que podedes comprobar se facedes unha xeira por esta nosa páxina chea de ilusións e música para entreter unha tarde de fastío, para alimentar o espírito e para arelar a ledicia a calquera hora.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Aquí podemos ver a primeira entrega de O que dixeron de nós.
Aquí podemos ver a segunda entrega de O que dixeron de nós

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto