Novas

Ilustración a partir dunha foto de alberte peiteavel Ilustración a partir dunha foto de alberte peiteavel

Desde Santa Lucía crece o día como a pisada dunha pita

O refraneiro propón para o mes de decembro unha interpretación dunha especie de pista cunha pita. A que semella a letra dunha canción? Pois se queredes saber a solución a esta cuase adiviña, teredes que ler máis.

O refrán di que a partir do día de Santa Lucía, ou o que é o mesmo o trece de decembro, os días comezan a medrar. Pero medran tan pouco como a pisada dunha pita, ou sexa que medrar medrarán os días, pero nós non o imos notar ata dentro dun mes. Así que cómpre escoitar a fenomenal música de Chuches Amil para que o tempo pase voando. Vós si que sabedes, meus e miñas!

Que onde podedes escoitar a música de Chuches Amil? Se non sodes afortunadxs posuidorxs dos seus fabulosos libro-discos (ateigados de fermosísimas ilustracións e cancións abraiantes), podedes escoitalas na nosa web, neste enlace que di Cancións. Poñedes o cursor enriba do título da canción que queredes escoitar, e premedes no rato. Facedes tal, e a maxia prodúcese de contado.

Pero se tedes a sorte de que actuemos preto da vosa casiña, podedes comprobalo botando unha ollada ao calendario das actuacións de decembro. Se estades aí, saudarnos e botade as mans ao aire, para que poidamos distinguilas e adicarvos as nosas cancións.

Comezamos o mes coa duodécima entrega da serie “O que dixeron de nós”, coa marabillosa acollida que adicaron á nosa actuación en Riós, dentro do programa “Ler Conta Moito”.

Lembramos que temos unha Guía para mestr@s e educador@s macanuda para ver como tirar proveito da nosa páxina nas suas aulas.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto