Novas

Foto: alberte peiteavel Foto: alberte peiteavel

En febreiro sete capas e un sombreiro

Febreiro pasa axiña, pero deixa marca de frío e choiva. Tamén, certo é, tráenos o Antroido para xogar a disfrazármonos do que nos pete e máis nos guste. Este ano moitos disfrazarémonos de vacinas para asustar ao becho que nos ten confinados. Para que funcione, temos que nos poñer fronte ao espello e dicir “bu”. E abrir e pechar as mans moitas veces para dicirlle ao becho que se vaia. Ollo: tamén temos que continuar levando máscara e manter as distancias coa xente, pero xa queda menos, seguro. Afortunadamente, aquí estamos outravolta para ofrecervos o atractivo índice de artigos do mes.

Imos empezar co relato da actuación insólita que fixemos no café bar cultural A Sacabeira, Sargadelos (Cervo), que leva por título Non vale parar, ilustrado con moito encanto por Anxo Padín.

Este mes a nosa páxina brilla grazas á ilustración da sensible e extraordinaria Laura facendo súa a nosa canción Os monstros xa non queren asustar en formato horizontal. Pero este mes traemos tamén a versión vertical. A nosa sección de “Fondos de Pantalla” medra con paso firme. Non vos perdades ningunha!!

Seguimos publicando a nosa colección de videoclips tirados do concerto de Nadal para Apego de Normalización Lingüística do concello de A Coruña, este mes coa canción O monstro orquestra, unha racha de swing contaxiosa, e unha das mais solicitadas polxs nosxs siareirxs. Gozádea!

Rematamos o mes deste febreiro, que máis semellou primaveral que invernal, cunha historieta tan refrescante como un día de primavera: Chuches Amil vivindo unha fabulosa aventura con Pequerrecho, melenudo. Non se vos ocorra perdela, insensatos!!

Lembrade que cada semana engadimos un novo artigo. Non deixedes de visitarnos a miúdo!!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto