Novas

Foto Fran Amil sobre unha composición de Cristina Sanmartín e fill@s Foto Fran Amil sobre unha composición de Cristina Sanmartín e fill@s

Logo que outubro veña, procura leña.

Metidos de cheo no outono, comprobamos abraiados que no canto de ser tempo de caída (por exemplo de follas, ou de ánimos), é tempo de abrollar (por exemplo, novas cancións de Chuches Amil). Estamos a piques de rematar a mestura das novas composicións que farán as delicias dos vindeiros meses.

E falando de abrollar, este mes presentamos unha novidade extraordinaria: as cancións de Chuches Amil en formato Letras e Acordes, que alén de agasallar coa letras das nosas cancións acanda os acordes, para que vos atrevades a cantar e tocar as cancións de Chuches Amil, adxuntamos tamén un videoclip onde podedes facer o karaoke co noso imprescindible Fran na imaxe guiándonos. E é que antes de que abrolle na vosa cabeciña unha idea, xa estamos nós facéndoa realidade. Chuches Amil, música infinita. Chuches Amil, música con vida.

Este mes engadimos tamén unha outra nova ficha dos colaboradores, adicada nesta ocasión á gran Carmen Rey, unha voz habitual nos coros das nosas cancións, e unha das mulleres con maior pegada na nosa música.

Botádelle un ollo á Guía para mestr@s e educador@s, para facer un percorrido que vos axude a sacar proveito das moitas e marabillosas seccións que temos espalladas polas páxinas da vosa páxina web favorita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto