Maio maial, se vén como debe, non ten rival
O caso é que outro maio sen chuvia, meus e miñas. O que teña sede, que cuspa ao aire e chuche.
Pero o refrán acae ao mes de Chuches Amil. A música festeira do noso grupo favorito segue a infectar de boa música as cabeciñas da nosa rapazada. E por aí andaremos Galicia adiante.
Botádelle un ollo ao artigo de Chuches Amil en maio para non perder fío do que facemos.
Como cada mes, recomendámosvos que non deixedes de botarlle un ollo á Guía para mestr@s e educador@s, para facer un percorrido que vos axude a sacar proveito das moitas e marabillosas seccións que temos espalladas polas páxinas da vosa páxina web favorita.
Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.