Novas

Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

Arrancamos Samaín (I) coa descarga de balde de "Noite de Samaín" de Chuches Amil

Arrancamos a semán do Samaín lembrando que podemos descargar de balde a marabillosa canción Noite de Samaín de Chuches Amil

Con este agasallo damos comezo á semana especial do Samaín na nosa páxina.

Mañá, domingo 25 de outubro, teremos unha extraordinaria ilustración que Javi Montes fixo da canción de Chuches Amil “Noite de Samaín”, para que poidades descargala como fondo de pantalla. Descargades a canción de balde, e mentres a escoitades ollades o evocador debuxo de Javi Montes. Toda unha experiencia terrorífica, meus e miñas. E a cousa non remata aí: podedes escoller a descarga en formato horizontal (tablets, ordenadores) ou en vertical (móbiles), a que máis vos preste. Mellor aínda: descargade as dúas e levádeas en tódolos vosos dispositivos.

Luns 26 publicaremos o relato Un Samaín de medo. Que medo! Non sei se seremos quen de lelo. A min custoume escribilo, porque cada pouco tiña que mirar debaixo da cama, ou detrás das portas dos armarios, e comprobar que tiña ben pechadas portas e contras das ventás.

Martes 27 daremos saída a un especial banda deseñada ¡de tres páxinas! fabulosamente debuxadas por Brais Fierro, cunha historia titulada simplemente Noite de Samaín que, aviso, pon os pelos de punta. Eu non me fago responsable se a ledes e despois tedes pesadelos.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto