Samaín (II): Un agasallo de medo!!!
Chuches Amil toleou coa festa do Samaín, e ceiba un agasallo extraordinario que mesmo podedes imprimir e pendurar das paredes das vosas escolas: a fermosa ilustración de Javi Montes facendo súa a canción de Chuches Amil “Noite de Samaín”.
Unha ilustración que podemos descargar e usar como fondo de pantalla da nosa tablet, do noso ordenador ou do móbil, para levar a vosa ilustración favorita acanda vós en calquera dispositivo! Xenial!
Colecciona as ilustracións das túas cancións favoritas!!
E escoita o tema mentres deixas que a ollada esvare ensoñadora pola ilustración.
Deixa saír a túa inspiración, e debuxa a túa propia versión. Se a mandas a chuchesamil@gmail.com e a publicamos, levas premio. Anímate!!!