Noite de Samaín
Esta versión é para nós a versión definitiva, grazas á mestría de Aarón tocando a frauta. Paco Cerdeira exerceu tamén o seu bo facer como técnico de son e mesturador. “Noite de Samaín” acada deste xeito unha sonoridade diferente, brillante e rotunda.

Unha mostra da filosofía que abrangue ao proxecto musical Chuches Amil: cancións vivas dispostas a mudar de instrumentos, de novas estrofas ou de xeitos de cantar, na procura de novas sensacións ou de sorprender e medrar na memoria dos ouvintes.
Agardamos que non sexa a única ocasión en que poidamos agasallar aos nosos seguidores con novas e inesperadas versións de cancións xa coñecidas e desfrutadas no seu formato oficial.